Dendrobranquiados

Dendrobranquiados
Dendrobranchiata

Rango fósil: Devoniano tardío - actualidade

Penaeus monodon
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Dendrobranchiata
Bate, 1888
Superfamilias
Sinonimia [1]
Penaeidea Dana, 1852
Gamba branca (Parapenaues longirostris).
Litopenaeus setiferus, unha gamba norteamericana.

A dos dendrobranquiados (Dendrobranchiata) é unha suborde de crustáceos decápodos coñecidos como gambas, e como lagostinos os de maior tamaño, dos que están descritas 540 especies reunidas en sete familias, e cun rexistro fósil que se estende até o período devoniano.

Diferéncianse doutros animais relacionados, tales como os Caridea (os camaróns) e os Stenopodidea (os chamados camarões limpadores en portugués), pola forma en que se ramifican as branquias (ao que deben o seu nome)[2] e polo feito de que as femias non incuban os ovos, senón que os liberan directamente na auga.

Teñen o terceiro par de pereiópodos quelado, coa excepción dalgunhas especies que o presentan reducido, e a pleura do segundo somito do abdome non se sobrepón á do primeiro.

Saen do ovo con forma nauplius e pasan no seu desenvolvemento polas fases larvarias de protozoea, zoea e poslarva.[3]

De pequeno tamaño, poden alcanzar unha lonxitude de até 330 mm, e unha masa de até 450 g, e son amplamente pescados e criados para o consumo humano.

  1. Martin & Davis, 2001
  2. Do grego βράγχια, brágchia, plural de βράγχιον brágchion, "branquia", a través do latín científico branchia, e δένδρον déndron, "árbore".)
  3. Farzana Yousuf (2006): "Diagnostic characters of the suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", da tese "Systematic Study and Distribution of Planktonic Shrimps of the Family Sergestidate in the Indian Ocean Collected by the International Indian Ocean Expedition", PDF Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Higher Education Commission of Pakistan. (en inglés) Consultada o 2/01/2013.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search